Os centros de ensino públicos galegos poderán acceder de balde a Office 365 | TIC & Educación | Scoop.it
Todos os centros educativos públicos de Galicia terán acceso o vindeiro curso de forma gratuíta á plataforma Office 365 de Microsoft, que inclúe a ferramenta de colaboración Microsoft Teams, beneficiando a máis de 280.000 alumnos e máis de 28.000 docentes que poderán acceder a esta plataforma en galego e español, grazas a un acordo entre a Xunta e Microsoft.